Wednesday 01 de May de 2024

O concello de Riveira programa clases de árabe para os nenos do municipio


O Concello de Riveira informa de que a mañá sábado principiarán nas Aulas Formativas da rúa Cristóbal Colón clases de árabe dirixidas a nenos e nenas de 6 a 10 anos do municipio.

Hai 25 rapaces apuntados, pero a inscrición continuará aberta para quen estea interesado. Esta é unha iniciativa dos Servizos Sociais Comunitarios e a persoa encargada de impartir as clases é a mediadora cultural Hannane Ftouh.

O horario é de 11 a 13 horas.

Clases de salón
Por outra parte, hoxe principian tamén as clases de bailes de salón dirixidas aos maiores do municipio, que se desenvolven nas parroquias de Aguiño, Riveira e Palmeira. Hai xa 150 apuntados pero as inscricións seguen abertos.

Tanto para as clases de árabe como para as de baile de salón, os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais (981 874 131 / servizossociais@riveira.com).